Juárez cualifica os escraches de "acto de coacción" como os dos "nazis cando marcaban a casa dos xudeus". O delegado do Goberno en Galicia ve "acertadas" as comparacións feitas por De Cospedal.
Fálase
Marcial Dorado sentarase na Audiencia Nacional e enfróntase a quince anos de cadea e 40 millóns de multa. Está acusado de branqueo, violación de segredos e contra a Facenda Pública nunha operación de tráfico de cocaína en 2003.
O bUSCatermos, a base de datos terminolóxica en liña da USC, contará cunha app para iPhone e iPad. O bUSCatermos ofrece información sobre 150.000 conceptos de áreas especializadas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía…)
Mónica García Prieto gaña o Premio José Couso de Liberdade de Prensa que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. A xornalista vive en Beirut e traballa como freelance para os medios Cuarto Poder e Periodismo Humano, cubrindo a información de Oriente Medio.
O Congreso cancela a sesión plenaria do 25 de abril, día da acción Asedia o Congreso convocada pola Plataforma ¡En Pie! e que varias plataformas asociadas ao 15M non secundan.
Galicia rexistra un déficit de 63 millóns ata febreiro, o 0,11% do PIB. O dato é unha centésima mellor que a media das comunidades autónomas, aínda que hai sete que tiveron superávit.
A CIG tamén se une á folga xeral no ensino do 9 de maio que xa convocara a Plataforma en Defensa do Ensino Público. Máis información, esta mañá en Praza.
O xornal mexicano Vanguardia lembra as fotos de Feijóo e Marcial Dorado ao relatar a reunión do titular da Xunta co presidente de México, Enrique Peña Nieto.
Dimite unha subdirectora de TVE tras enviar por erro ao Consello de Informativos da canle un correo criticando a ideoloxía dalgúns dos membros deste organismo profesional. Cóntao Vertele
Atento abre negociacións e paraliza os 142 despidos na Coruña. O comité de empresa mantén as mobilizacións.