Galicia rexistra un déficit de 63 millóns ata febreiro, o 0,11% do PIB. O dato é unha centésima mellor que a media das comunidades autónomas, aínda que hai sete que tiveron superávit.
Fálase
A CIG tamén se une á folga xeral no ensino do 9 de maio que xa convocara a Plataforma en Defensa do Ensino Público. Máis información, esta mañá en Praza.
O xornal mexicano Vanguardia lembra as fotos de Feijóo e Marcial Dorado ao relatar a reunión do titular da Xunta co presidente de México, Enrique Peña Nieto.
Dimite unha subdirectora de TVE tras enviar por erro ao Consello de Informativos da canle un correo criticando a ideoloxía dalgúns dos membros deste organismo profesional. Cóntao Vertele
Atento abre negociacións e paraliza os 142 despidos na Coruña. O comité de empresa mantén as mobilizacións.
Ruiz Gallardón anuncia que haberá unha nova lei do aborto e que "o risco para a nai non será xa un pretexto para abortar". Asegúrao en La Razón.
ACIP bótase atrás na moción de censura en Ponteareas despois de que o PSOE vetase a entrada no goberno do concelleiro Juan Carlos González Carrera, afectado por unha querela por un suposto enganche eléctrico ilegal.
A Xunta recuperará o plus de ex altos cargos. Este ano tampouco se aboará, pero Facenda consolida este complemento na nova Lei de Emprego Público para aplicalo no futuro
A CNMV confirma as sospeitas sobre a xestión de Manuel Fernández Sousa en Pescanova e baralla a inmediata intervención e substitución do equipo xestor do grupo.
Maduro demándalle a España que rectifique as palabras de Margallo: "Ocúpense do 25% de paro", dixo o presidente electo venezolano. O ministro de Exteriores español pediu "un reconto electoral rápido" para "acabar coa situación de interinidade tras as eleccións".