Atento abre negociacións e paraliza os 142 despidos na Coruña. O comité de empresa mantén as mobilizacións.
Fálase
Ruiz Gallardón anuncia que haberá unha nova lei do aborto e que "o risco para a nai non será xa un pretexto para abortar". Asegúrao en La Razón.
ACIP bótase atrás na moción de censura en Ponteareas despois de que o PSOE vetase a entrada no goberno do concelleiro Juan Carlos González Carrera, afectado por unha querela por un suposto enganche eléctrico ilegal.
A Xunta recuperará o plus de ex altos cargos. Este ano tampouco se aboará, pero Facenda consolida este complemento na nova Lei de Emprego Público para aplicalo no futuro
A CNMV confirma as sospeitas sobre a xestión de Manuel Fernández Sousa en Pescanova e baralla a inmediata intervención e substitución do equipo xestor do grupo.
Maduro demándalle a España que rectifique as palabras de Margallo: "Ocúpense do 25% de paro", dixo o presidente electo venezolano. O ministro de Exteriores español pediu "un reconto electoral rápido" para "acabar coa situación de interinidade tras as eleccións".
Feijóo propón dende México que Pemex entre no accionarado dos estaleiros galegos. Sobre o encargo dos floteis o presidente da Xunta afirmou que a construción dos barcos non se porá en marcha até que Barreras consiga un aval financeiro.
Un gol de Giovani no minuto 93 derrota o Celta en Mallorca 1-0. Os celestes pechan a clasificación e quedan a catro puntos da salvación
A OEA apoia un reconto completo de votos en Venezuela. Veno de anunciar o seu secretario xeral a través dun comunicado.
Conde Roa finaliza a súa declaración nos xulgados de Lugo polo caso Pokémon e asegura non "temerlle" a nada máis que "a Deus"