A OEA apoia un reconto completo de votos en Venezuela. Veno de anunciar o seu secretario xeral a través dun comunicado.
Fálase
Conde Roa finaliza a súa declaración nos xulgados de Lugo polo caso Pokémon e asegura non "temerlle" a nada máis que "a Deus"
Caramelo presenta concurso voluntario de acredores. Aplicará un ERE e xustifica a decisión pola "extrema situación" pola que atravesa.
Ding Dong the Witch is Dead (a bruxa morreu), a canción de Judy Garland que se converteu nos últimos días nun símbolo da xenreira contra Thatcher, foi o segundo tema máis vendido no Reino Unido na última semana. Houbo unha campaña para levala ao número 1 do que quedou moi preto pero nunca antes unha canción de menos dun minuto chegara tan alto na lista.
Michael Hudson e Jeffrey Sommers explican en Sinpermiso "O legado económico da Sra. Thatcher, raiña nai da austeridade e da financiarización globais". Conclúen que "o Reino Unido pasou de ser unha economía produtiva real a converterse nunha economía que fozaba no vertedoiro das rendas mundiais a través dos seus bancos deslocalizados"
Economistas frente a la crisis analiza "a preocupante relación entre desigualdade social e obesidade en España" e o incremento desta enfermidade nos últimos anos.
A Xunta sancionará Autoestradas de Galicia por retirar persoal do cobro de peaxes nos traxectos A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57) por entender que incumpre o contrato
O ex alcalde de Santiago Gerardo Conde Roa comparece esta mañá nos xulgados de Lugo por terceira vez no marco do caso Pokémon
Un de cada catro traxectos do AVE só ten un pasaxeiro ao día. En 48 das 206 rutas viaxaron unha persoa ou ningunha ao día durante 2012.
A revenda de preferentes con sobreprezo elevará a factura da banca rescatada.