O ex alcalde de Santiago Gerardo Conde Roa comparece esta mañá nos xulgados de Lugo por terceira vez no marco do caso Pokémon
Fálase
Un de cada catro traxectos do AVE só ten un pasaxeiro ao día. En 48 das 206 rutas viaxaron unha persoa ou ningunha ao día durante 2012.
A revenda de preferentes con sobreprezo elevará a factura da banca rescatada.
O 59% dos cidadáns aproban os escraches como o mellor instrumento de presión, segundo o ObSERvatorio da Cadena Ser. Descende a confianza en partidos e sindicatos e os entrevistados destacan o seu apoio aos movementos e entidades sociais coma a PAH, Cáritas, o 15M ou as plataformas de afectados polas preferentes.
O Ministerio de Traballo cociña en segredo un acordo con PSOE, CiU, CCOO e UGT para a reforma das pensións. Este venres constituíuse un grupo de expertos presidido polo catedrático de socioloxía Víctor Pérez Díaz
Pachi Vázquez non aclara se se presentará ou non á reelección no PSdeG e defende que "o primeiro é pactar as regras". "Vaise saber o próximo mes, o mes de maio vai ser clave", dixo, e salientou que "o PSOE vai facer deste modelo un exemplo para exportar a toda España e do que nos sentiremos orgullosos durante os próximos anos"
Goberno e PSOE comezan a estudar a aprobación da lei de abdicación. Xustiza encargoulle a un grupo de expertos a elaboración dun borrador
Os bancos ocultan se os seus conselleiros e directivos mercaron preferentes. Os bancos ampáranse na "confidencialidade" para non dar datos.
A fronte antitroika crece en Portugal. Unha sondaxe publicada este sábado por Expresso amosaba un apoio de só un 32% dos portugueses ao goberno e unha suba de PCP e Bloco. O PSP, que sería o partido máis votado, radicaliza o seu discurso
“Alemaña debe decidir se quere refacer Europa ou saír do euro”. George Soros amósase moi crítico co papel de Alemaña na crise e defende recuperar o espírito de “cooperación” entre los países da UE.