Rubalcaba enfróntase a IU no Congreso dos Deputados por equiparar as súas políticas coas do PP. Cóntao El Diario

Rubalcaba enfróntase a IU no Congreso dos Deputados por equiparar as súas políticas coas do PP. Cóntao El Diario
Almunia apraza ata a semana que vén a xuntanza co ministro Soria e Feijóo polo tax lease.
Xa está operativa a web 4gotas, con información meteorolóxica en galego e castelán e múltiples posibilidades de personalización. Por tras deste proxecto están Carlos F. Balseiro, Pablo Carracedo, Beatriz Hervella e Eduardo Penabad
A Xunta informa de que Feijóo recibiu este mediodía en Monte Pío ao escritor Paulo Coelho. O Goberno di nun comunicado que ambos conversaron "sobre Galicia" e que o autor parabenizou o presidente polo Camiño de Santiago.
Rajoy defende a "legalidade" do tax lease e di que a Xustiza está de parte de España.
Os administradores lanzan un ultimatum de quince días para evitar a liquidación do Deportivo. Solicitan aos acredores que elaboren unha proposta de convenio para salvar o club.
O fiscal pide ao Tribunal Supremo que se confirmen os seis anos de cárcere para o expresidente balear Jaume Matas. A confirmación da pena suporía a entrada en prisión do popular.
A xuíz Alaya imputa polo caso ERE á exministra de Fomento Magdalena Álvarez. Foi entre o 1994 e o 2004 conselleira de Economía e Facenda en Andalucía.
Daniel Salgado gaña o primeiro Premio de Poesía Gonzalo López Abente co poemario Os tempos sobrizos (diario). O xurado salienta "a construción do discurso a xeito de diario que amosa o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social".
Un vídeo resume algúns dos momentos máis destacados da III Festa da República Galega, celebrada a pasada fin de semana en Ordes