A Fiscalía Anticorrupción comezou a tomarlles declaración a responsables de Enerxía entre 2007 e 2010, co Goberno do PSOE, nunha investigación para aclarar se o Executivo lles perdoou ás eléctricas unha débeda de entre 2.500 e 3.500 millóns de euros.
Fálase
O comité de política federal do PSOE renova a súa proposta de reforma constitucional. Pide reunir a Conferencia de Presidentes para abordar o novo sistema de financiamento autonómico e abrir unha subcomisión na Comisión Constitucional do Congreso para “delimitar o ámbito da reforma”
Cayo Lara anuncia que non se presentará ás primarias de IU para escoller candidato ou candidata para as eleccións xerais. A formación espera que Alberto Garzón anuncie a súa candidatura nos vindeiros días ou semanas
Greenpeace abandona a zona das prospeccións petrolíferas na costa canaria tras a actuación da Armada que deixou ferida unha activista
Fenosa paralizará o proxecto de construción da liña de alta tensión O Irixo - Lalín se os afectados de Casas Vellas non aceptan elevar o tendido
A Feira Ecolóxica de Arzúa pechou a súa primeira xornada destacando "a grande afluencia de público".
O Sindicato Independente de Traballadores (SIT), maioritario en Citroën, aceptará a proposta salarial da empresa. UGT, CC.OO e CIG rexeitan a oferta e a CUT avanza que a "impugnará"
Valga acolle este sábado a primeira edición do ciclo de música emerxente Carolina Son, dedicado á veciña máis ilustre da vila, Carolina Otero, A Bela Otero, "que representa os valores da vangarda, independencia e ruralismo cosmopolita cos que se pretende identificar o festival". A partir das nove da noite actuarán no auditorio municipal Cazador, Músculo! e Caxade
O Exército impídelle a Greenpeace abordar o buque que realiza prospeccións na procura de petróleo en aguas canarias. Unha activista da organización resultou ferida. O Arctic Sunrise da organización ecoloxista atópase dende a pasada madrugada no lugar no que Repsol prevé iniciar as perforacións.
Unha empresa da Limia, pioneira en Galicia en vender patacas on-line. Os pedidos poden chegar a calquera punto de España nun máximo de 48 horas.