Detido un home en Baralla pola desaparición dunha muller de 26 anos o pasado venres. Cóntao Europa Press
Fálase
Apalean o condutor dun autobús que tentou impedir un episodio de acoso machista. Sucedeu en Madrid.
XVANBNG Comeza arestora a Asemblea Nacional do BNG, en cuxo inicio intervén o aínda portavoz nacional, Xavier Vence. Toda a información, hoxe en Praza.
Rueda afirma que Feijóo "ten que ser o candidato" do PP nas eleccións galegas e asegura que vai dirixir o partido en Pontevedra para "apuntalar" unha nova vitoria.
Milleiros de persoas esixen por toda Europa pasaxe segura para as persoas refuxiadas. En Galicia houbo mobilizacións na Coruña, Vigo e Pontevedra.
O 80% da militancia que participou na consulta PSdeG apoiou o acordo subscrito por Pedro Sánchez con Ciudadanos. A participación roldou o 50% nas catro provincias.
O PSOE estima que en torno a un 70% dos votos na consulta aproban o acordo con Ciudadanos. A participación roldaría o 40%, din.
#PasaxeSegura Comeza na Coruña a mobilización a prol da pasaxe segura para as persoas refuxiadas, que hoxe se reivindica por toda Europa.
Este sábado presentouse o proxecto da Semente en Lugo, cidade que acollerá unha nova escola desta rede, xa presente en Compostela, Vigo e Narón. (Imaxe: A.C. Cultura do País)
O Concello da Coruña celebra o segundo encontro #DilloTi do goberno local cos barrios da cidade. Nesta ocasión o alcalde e edís xuntáronse coa veciñanza en Palavea