Centos de de persoas maniféstanse en Compostela, na marcha convocada polos movementos feministas galegos
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56dc2537110da-cc3dsoswoaa2g-5.jpg)
Centos de de persoas maniféstanse en Compostela, na marcha convocada polos movementos feministas galegos
O PSdeG apraza a celebración de primarias ata que se aclare a formación de Goberno en España. Besteiro non confirma se optará a ser candidato. Abel Caballero apoia explicitamente a proposta do secretario xeral: "Non deixemos que ninguén nos marque os nosos tempos. Non coñezo o candidato de ningún partido neste momento"
O feminismo galego maniféstase este domingo en Compostela. A marcha partirá ás 12 horas da estación de tren e rematará na Praza da Quintana.
O PSdeG-PSOE celebra este domingo Comité Nacional, que fixará a data das eleccións primarias nas que se decidirá o nome do candidato ou candidata á Presidencia da Xunta. O actual secretario xeral da formación, José Ramón Gómez Besteiro, aínda non confirmou a súa disposición a presentarse.
O PP de Lugo elixe este domingo nova presidenta provincial. 764 compromisarios/as, en representación dos/as 12.000 militantes da formación, escollerán entre a delegada da Xunta, Raquel Arias, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.
Pedro Sánchez reafirma a súa alianza con Ciudadanos nunha entrevista en El País, na que destaca que “quen queira ser candidato debe ter máis de 130 votos”, e bloqueando calquera posibilidade de pacto sen a formación que lidera Albert Rivera.
Marilar Aleixandre ocupará a cadeira de Neira Vilas na Real Academia Galega. A RAG salientan que como bióloga e experta en educación "foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias"
Cruz confírmase como o único rival de Trump, gañando en dous dos catro estados nos que os republicanos celebraron primarias este sábado. Sanders mantén viva a pelexa con Clinton, facéndose con dous dos tres estados en loita nos demócratas
Baleares pode converterse na terceira comunidade autónoma que prohíba as touradas. O Parlamento debaterá unha proposición de lei, impulsada por Podemos, Més e PSOE para garantir a protección integral dos animais sen excepcións, tamén nos circos, as corridas de touros ou os correbous.
Milleiros de persoas asisten no Velódromo de Anoeta ao recibimento a Arnaldo Otegi. O líder abertzale insta "a nova esquerda española" a abrir "procesos constituíntes" en todo o Estado