TVE pide desculpas pola "delicadeza" coa que tratou a figura de Franco nunha entrevista que o cantante Bertín Osborne lle fixo á neta do ditador no seu programa da canle pública.
Fálase
Pachi Vázquez cre que Besteiro "non está en condicións de presentarse ás eleccións". "Eu son tanto ou máis inocente ca el e marchei para a casa", di na Radio Galega.
A CUP propón a Raül Romeva como candidato de consenso para desbloquear a investidura tras insistir en vetar a Artur Mas. O Parlament votará hoxe en primeira volta a elección de president.
A Xunta presenta a Xacopedia, unha enciclopedia do Camiño de Santiago con vocación universal pero só en castelán.
O comité de ética da Deputación de Ourense abordará a denuncia a Baltar. Farao este xoves e será a primeira vez que trate un tema específico, logo de que unha muller denunciase que o presidente lle ofreceu un traballo a cambio de sexo.
Fomento adxudica a dedo ducias de obras xa incluídas noutras licitacións con sobrecustos de ata o 50%. OHL, Ferrovial, ACS e FCC, algunhas das construtoras beneficiadas. É unha exclusiva de eldiario.es
A dereita emprega o debate sobre o seu programa para atacar o futuro goberno de esquerda en Portugal. "Direita travestida de oposição, esquerda em pose de Governo", di Público.
Bravo Bosch inicia hoxe a rolda de políticos imputados que declaran pola Patos. Foi destituída hai un mes como delegada da Xunta en Vigo logo de ser implicada na trama.
O pleno da Coruña aproba as novas ordenanzas fiscais cos votos de Marea Atlántica e PSdeG e rexeita as emendas formuladas polo PP. Pódese seguir ao sesión ao vivo nesta ligazón.
A Assembleia da República de Portugal debate este luns o programa de goberno de Passos Coelho, que previsiblemente será tombado polas forzas de esquerda tras o seu pacto para formaren goberno. Pódese seguir ao vivo pola RTP.