A dereita emprega o debate sobre o seu programa para atacar o futuro goberno de esquerda en Portugal. "Direita travestida de oposição, esquerda em pose de Governo", di Público.
Fálase
Bravo Bosch inicia hoxe a rolda de políticos imputados que declaran pola Patos. Foi destituída hai un mes como delegada da Xunta en Vigo logo de ser implicada na trama.
O pleno da Coruña aproba as novas ordenanzas fiscais cos votos de Marea Atlántica e PSdeG e rexeita as emendas formuladas polo PP. Pódese seguir ao sesión ao vivo nesta ligazón.
A Assembleia da República de Portugal debate este luns o programa de goberno de Passos Coelho, que previsiblemente será tombado polas forzas de esquerda tras o seu pacto para formaren goberno. Pódese seguir ao vivo pola RTP.
O Parlament de Catalunya aproba a declaración soberanista impulsada por Junts pel Si e a CUP. Os grupos soberanistas aplaudiron a aprobación, que o PP respondeu despregando bandeiras. Seguiu o debate ao vivo Catalunya Plural
Galicia ten 700 edificios públicos aos que non se lles dá uso ningún. Cóntao La Voz de Galicia.
O procés independentista e Mas pasan hoxe a súa primeira proba no Parlament. A declaración de inicio da desconexión votarase hoxe e ata mañá a reelección do president, que non ten o apoio da CUP.
Unha información de eldiario.es revela como as petroleiras amañan os prezos do combustible. O caso está aberto na Audiencia Nacional e revela as prácticas fraudulentas de varias empresas.
Máis dun milleiro de persoas esixiron este mediodía en Sada un "reparto xusto" para a frota do cerco. Esta protesta por unhas novas cotas pesqueiras celébrase mentres representantes do sector continúan acampados ante a sede da Xunta. (Imaxe de Pilar Fernández).
José Blanco reitera que non ten "na cabeza" ser candidato á Xunta polo PSdeG tras as informacións que, este domingo, sinalan esta posibilidade.