A bióloga Nuria Martí Gutiérrez, unha das coautoras da investigación que conseguiu o fito histórico de obter células nai embrionarias co mesmo ADN dunha persoa adulta, chegou aos EE.UU despois de ser despedida nun ERE do Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia.
Fálase
A troika recoméndalle a España que solicite un novo rescate financeiro. Membros do Goberno alemán manifiestan en privado o seu malestar porque España non aceptara os 100.000 millóns do rescate bancario, o que podería ter abaratado o crédito Os homes de negro visitarán Madrid a semana que vén.
Montoro buscará calmar a rebelión das Autonomías dándolles máis cartos e cederá fondos como se España decrecese o -0,5% en lugar do -1,3%. Madrid e Extremadura propoñen restarlles un 0,4% de déficit ás autonomías incumplidoras.
O pleno do CGPJ inicia este xoves a vía para que se produza un xiro conservador do Tribunal Constitucional. A reforma sen consenso daralle ao PP o 75% dos vogais.
Un documento interno de IU calcula que podería ter até 52 escanos. Chámase a converter as europeas de 2014 no "trampolín" que faga "irreversible" a liquidación definitiva do bipartidismo
Un equipo científico de EEUU obtén células nai embrionarias co mesmo ADN dunha persoa adulta. Este logro histórico, 15 anos despois da clonación da ovella Dolly, é un fito no campo da medicina rexenerativa
A Mesa do Congreso veta unha pregunta de Gaspar Llamazares (IU) por citar unha frase humorística de Gila. A pregunta do deputado versaba sobre un submarino encargado pola Armada Española a Navantia e que, polo seu excesivo peso, podería ter problemas para emerxer. Cóntao El País.
Brasil legaliza o matrimonio homosexual. O Consello Nacional de Xustiza aproba unha resolución que, na práctica, permite o casamento de persoas do mesmo sexo
A Xunta traslada a este xoves o seu acto institucional polo Día das Letras. Celebrarase ás 18:00 de mañá no Salón Teatro de Compostela.
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) denuncia que o músico Willie Nile foi traducido do inglés para o castelán na TVG. A AGPTI solicítalle á CRTVG "que estea á altura do que, como espectadores e por lei, cabe agardar dela"