A supresión dos convenios colectivos reduce os salarios nun 20% en Grecia, segundo datos recollidos polos inspectores do Ministerio de Traballo
Fálase
A lei de Transparencia non afectará á Casa Real porque non é unha administración pública, di Saénz de Santamaría. O Parlamento navarro insta ao Goberno central a que inclúa na lei "os mecanismos legais que resulten oportunos" para coñecer as asignacións e o patrimonio de cada membro da Casa Real
Queremos Galego convoca unha manifestación o 17 de maio en Compostela en defensa da lingua
O BNG ratifica que todos os seus cargos públicos secundarán a folga xeral e pedirán que se lles desconte a parte proporcional dos seus salarios. O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, e a súa voceira parlamentaria, Ana Pontón, chamaron á participación nas mobilizacións contra a reforma laboral, que pretende "saquear ao pobo para seguir garantindo os beneficios da banca e grandes corporacións", din.
O bispo de Cádiz aposta por "recuperar o diezmo", que destinaría a axudar "os máis necesitados".
José Manuel Romay Beccaría volverá ser presidente do Consello de Estado. O ata agora tesoureiro do PP xa o fora con José María Aznar.
O vídeo de publicidade da reforma laboral, producido polo Ministerio de Emprego e que a Xunta Electoral Central obrigou a retirar custou 4.200 euros máis IVE. Veno de confirmar Soraya Sáenz de Santamaría a preguntas dos xornalistas tras o Consello de Ministros.
O Consello de Informativos de TVE, Iñaki Gabilondo, o xornalista marroquí Rachid Nini e a candidatura conxunta dos informadores que cobren o conflito sirio optarán ao Premio José Couso á liberdade de prensa que concede o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Clube de Prensa de Ferrol. Na web do CPXG.
O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, recupera no seu blog imaxes e parte do discurso de Corina Porro cando, como alcaldesa de Vigo, participou no Correlingua do ano 2004. Callón pregúntase se esa intervención pasaría "a censura" de Conde Roa.
O alcalde de Lugo, "moi tranquilo" antes de declarar nos xulgados da cidade polo caso Campeón. O avogado de Xosé López Orozco solicitará o arquivo da causa contra o rexedor socialista.