El Confidencial analiza a débeda dos partidos políticos coas entidades bancarias, comezando polos 78 millóns de euros do PP e os 70 millóns do PSOE.
Fálase
Twitter engade oficialmente a opción de silenciar usuarios, de xeito que ao activala se evitarán ver os tweets, retweets e notificacións dunha persoa.
Dimite a concelleira do PSdeG de Vilagarcía Susana Camiño por un comentario tras o asasinato da presidenta da Deputación de León. Camiño dixo en Facebook: "quen sementa ventos recolle tempestades".
O diario ABC relaciona o asasinato da presidenta da Deputación de León cos escraches ou os "insultos nas redes sociais". Recólleo El Diario
O PP valora a suspensión do debate electoral de Cañete e Valenciano polo asasinato da presidenta da Deputación de León. Cóntao El Diario.
A conselleira de Sanidade xustifica o peche de camas no verán alegando que "non son tan imprescindibles como antes".
A investigación dos presuntos enchufes no Concello do Porriño detecta tamén sobresoldos. Cóntao El País.
Eleccións Europeas. Axenda electoral do día
- Lidia Senra: Mitin en Pontevedra ás 20:00
- Ana Miranda: Acto sobre pesca ás 11:15 en Vigo e mitin ás 21:00 en Carballo.
- Paulo Carlos López: Mitin en Carballo ás 20:30.
PP e PSdeG suspenden hoxe a súa axenda de campaña polo asasinato da presidenta da Deputación de León.
Un concerto renderalle homenaxe a Germán Coppini o vindeiro 31 de maio en Madrid. Os ex Golpes Bajos Teo Cardalda e Pablo Novoa compartirán escenario por vez primeira dende 1987.
A Coordinadora Galega de ONGD, EAPN-Galicia, CERMI Galicia, Agareso e ACPP entregarán este martes os Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia, aos que son candidatos trece proxectos de comunicación e medios, entre eles Praza Pública.