O PP valora a suspensión do debate electoral de Cañete e Valenciano polo asasinato da presidenta da Deputación de León. Cóntao El Diario.
Fálase
A conselleira de Sanidade xustifica o peche de camas no verán alegando que "non son tan imprescindibles como antes".
A investigación dos presuntos enchufes no Concello do Porriño detecta tamén sobresoldos. Cóntao El País.
Eleccións Europeas. Axenda electoral do día
- Lidia Senra: Mitin en Pontevedra ás 20:00
- Ana Miranda: Acto sobre pesca ás 11:15 en Vigo e mitin ás 21:00 en Carballo.
- Paulo Carlos López: Mitin en Carballo ás 20:30.
PP e PSdeG suspenden hoxe a súa axenda de campaña polo asasinato da presidenta da Deputación de León.
Un concerto renderalle homenaxe a Germán Coppini o vindeiro 31 de maio en Madrid. Os ex Golpes Bajos Teo Cardalda e Pablo Novoa compartirán escenario por vez primeira dende 1987.
A Coordinadora Galega de ONGD, EAPN-Galicia, CERMI Galicia, Agareso e ACPP entregarán este martes os Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia, aos que son candidatos trece proxectos de comunicación e medios, entre eles Praza Pública.
Donetsk e Lugansk declaran a súa independencia de Ucraína, despois do referendo celebrado este domingo nestas dúas rexións e que amosou un apoio maioritario á secesión. Anuncian que solicitarán a súa integración en Rusia.
Itínere, a empresa propietaria da AP-9, estaría á venda, segundo destaca Economia Digital, despois de que os seus principais accionistas, Citi, Sacyr, Novagalicia, Liberbank e Kutxabank, acordasen iniciar a operación.
Asasinada a tiros a preisidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. Unha muller, xa detida, disparou contra ela varias veces na rúa.
O Racing de Ferrol comezará ante o Nàstic a súa loita por ascender a Segunda División. O Somozas enfrontarase ao Valladolid B na súa primeira oportunidade de ascenso a 2ªB, mentres que o Pontevedra comezará as eliminatorias contra o Portugalete, o Cerceda co Tenerife B e o Boiro co Náxara da Rioxa.