Itínere, a empresa propietaria da AP-9, estaría á venda, segundo destaca Economia Digital, despois de que os seus principais accionistas, Citi, Sacyr, Novagalicia, Liberbank e Kutxabank, acordasen iniciar a operación.
Fálase
Asasinada a tiros a preisidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. Unha muller, xa detida, disparou contra ela varias veces na rúa.
O Racing de Ferrol comezará ante o Nàstic a súa loita por ascender a Segunda División. O Somozas enfrontarase ao Valladolid B na súa primeira oportunidade de ascenso a 2ªB, mentres que o Pontevedra comezará as eliminatorias contra o Portugalete, o Cerceda co Tenerife B e o Boiro co Náxara da Rioxa.
Intelectuais de esquerda apoian a candidatura de Tsipras á Eurocámara nun manifesto no que piden que "o neoliberalismo e o autoritarismo poidan ser revertidos".
Sin Permiso publica un chamamento electoral por "Outro camiño para Europa" da Rede Europea de Economistas Progresistas. No presente número tamén inclúe unha análise do Tratado de Comercio e Investimentos EE UU-UE, "un só espazo de austeridade trasatlántico".
Monte Alto abandona a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, como antes fixeran Novo Mesoiro e A Gaiteira e Os Castros. Afirman que non se senten representados pola entidade, á que acusan de "falta de democracia"
As caixas rurais organízanse para evitar que o Goberno as transforme en bancos, como sucedeu coas restantes caixas de aforro. En toda España hai sesenta entidades deste tipo, que representan o 5% do sistema financeiro e dan traballo a 19 mil persoas.
A Xunta Electoral prohíbe que a UE inste a votar aos cidadáns o vindeiro 25M. Considera que, segundo a lei electoral, a abstención é un dereito a protexer.
Cuarteis e comisarías incrementan en Catalunya o tamaño das súas bandeiras de España. Cóntao El País
Case o 90% da poboación de Donetks vota a prol de separarse de Ucraína, segundo a comisión electoral.