Monte Alto abandona a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, como antes fixeran Novo Mesoiro e A Gaiteira e Os Castros. Afirman que non se senten representados pola entidade, á que acusan de "falta de democracia"
Fálase
As caixas rurais organízanse para evitar que o Goberno as transforme en bancos, como sucedeu coas restantes caixas de aforro. En toda España hai sesenta entidades deste tipo, que representan o 5% do sistema financeiro e dan traballo a 19 mil persoas.
A Xunta Electoral prohíbe que a UE inste a votar aos cidadáns o vindeiro 25M. Considera que, segundo a lei electoral, a abstención é un dereito a protexer.
Cuarteis e comisarías incrementan en Catalunya o tamaño das súas bandeiras de España. Cóntao El País
Case o 90% da poboación de Donetks vota a prol de separarse de Ucraína, segundo a comisión electoral.
Axenda electoral do día
- Francisco Millán: Paseo por Pontevedra (18:00) e mitin en Salceda de Caselas (20:30)
- José Blanco: Visita a empresa Trameve en Santiago (12:30) e mitin en Silleda (21:30)
- Lidia Senra: Acto contra a corrupción en Compostela (11:30) e mitin no Carballiño (20:00)
- Ana Miranda: Encontro con traballadores precarios na Coruña (11:45) e mitin en Viveiro (20:30)
- Paulo Carlos López: Reunión con armadores en Marín (17:00)
Felipe González irrompe na campaña das europeas abríndolle ás portas nunha entrevista en laSexta a unha coalición PP-PSOE no Goberno de España
O Goberno central apenas entregou 400 vivendas das 6.000 incluídas no fondo presentado como ferramenta para evitar desafiuzamentos. Cóntao El Diario.
O portavoz do PP de Vigo asegura que o seu pacto con Abel Caballero ten "vocación de continuidade". En El País.
Na Segunda División o Deportivo empata en Riazor (1-1) ante o Alavés e mantense líder, con 5 puntos de diferenza sobre o terceiro. O sábado o Lugo caeu (1-0) ante o Alcorcón, afastándose do play-off de ascenso.