Baltar propón a Deputación de Ourense como referente ético na xestión pública. Cóntao El País
Fálase
Dimiten dez membros da dirección de Anova tras o referendo no que a militancia elixiu acudir ás eleccións europeas xunto a EU. Luís Eyré, Mario López Rico, Paula V. Verao e Chelo Martínez son algúns dos cargos que deixan os seus postos de responsabilidade, segundo conta Europa Press.
Play-Doc e A Cuarta Parede organizarán unha escola de críticos de cinema no marco do festival de documentais que se celebra en Tui do 2 ao 6 de abril.
O 1 de marzo comeza a actividade dos furanchos legais en Pontevedra, a primeira cidade galega que regulou estes espazos gastronómicos.
Podemos sinala que a información sobre o pacto entre a formación e IU "non se axusta á realidade".
Volven comezar os traballos de tala das árbores do Malecón, en Sarria, despois de que fosen paralizados a media mañá, pola presenza de persoas encadeadas aos troncos. Os e as activistas da Plataforma Sarriana polo Río piden que os veciños e veciñas da vila se acheguen ao lugar para evitar a destrución do espazo
IU e Podemos pactan un protocolo de colaboración e non descartan elaborar listas conxuntas para as eleccións europeas, segundo avanza Público.es
A presidenta andaluza, Susana Díaz, retruca as palabras de Feijóo en Sevilla afirmando que ela nunca virá a Galicia "a insultar á democracia nin á vontade do pobo galego"
Feijóo acude apoiar o próximo líder do PP andaluz e proclama que "a Transición só se completará cando o PP goberne Andalucía", o mesmo que xa afirmara en 2009, daquela para apoiar a candidatura de Javier Arenas á Junta.
Veciños de Sarria encadéanse para defender un bosque da ribeira do río e contra o proxecto do Concello que ameaza con destruír o patrimonio etnográfico e especies autóctonas. A Garda Civil está a identificar os manifestantes.