O PP faise coa alcaldía de Oia, grazas á moción de censura que presentou co apoio de Converxencia Galega. A popular Cristina Correa substitúe a socialista Rosa María Otero, rexedora nos últimos cinco meses.
Fálase
Gladys Afonso, Xosé Manuel Saa, Carlos Lorenzo e Alexandra Fernández serán as primeiras propostas de Anova para a lista de En Marea ao Congreso, tras ser as persoas máis votadas no proceso de primarias internas celebradas entre a militancia da formación
O primeiro centro galego da rede Impact Hub celebrará o seu acto de presentación o 20 de novembro en Vigo. No encontro #doCompás participarán axentes sociais, culturais e educativos. Impact Hub é unha rede de profesionais dedicados á innovación social e o desenvolvemento, que promoven proxectos deseñados para favorecer a economía social, a igualdade de dereitos e a inclusión.
The Offspring, Volbeat ou Bullet For My Valentine, entre as primeiras confirmacións para a edición 2016 do Resurrection Fest, que se celebrará do 7 ao 9 de xullo en Viveiro.
Todo preparado para o visionado colectivo e expansivo de Encallados, proposto polo equipo do filme para conmemorar o aniversario do Prestige. O filme proxectarase ás 20.30 horas en Compostela (Unitaria), e xa se pode ver online a través da web
Unha onda xigante puido causar o accidente do Prestige. Cóntao GCiencia en referencia a unha investigación internacional que ve elevadas probabilidades de ondas moi altas e cruzadas que batesen no petroleiro no 2002.
Entre novembro e decembro celebrarase nos Museos Científicos Coruñeses o Mes Escéptico, con catro conferencias que analizarán os produtos milagre, a suposta perigosidade das antenas wifi, as técnicas médicas non científicas ou as explicacións racionais para os espíritos.
A UE censura que a educación en España sexa cada vez máis desigual. Advirte de que medran as diferenzas entre ricos e pobres e a caída do investimento.
A investigación da Pokémon en Pontevedra esténdese a dez persoas e dúas empresas, segundo conta Faro de Vigo. A xuíza reclama información sobre cinco supostos "enchufes" en Aquagest.
Passos desafía a Costa a unhas novas eleccións en Portugal e di estar disposto a reformar a Constitución para poder disolver xa as Cortes.