En Marea rexistra no Congreso a proposición non de lei para reclamar a anulación da prórroga de ENCE. "Empregaremos todas as vías legais e xurídicas en colaboración con colectivos como Salvemos Pontevedra para conseguir que a ría volva ser da xente", din.
Fálase
O Concello de Pontevedra expedienta a empresa Cespa por non colaborar no "esclarecemento" de presuntos "enchufes". A compañía, do grupo Ferrovial, é unha das investigadas na operación Patos.
O rei non convocará, polo momento, unha nova rolda de consultas para a investidura. Así o confirma a Casa Real nun comunicado tras a xuntanza do xefe do Estado co presidente do Congreso, Patxi López.
Breogán Riobóo dirixe unha "carta" á militancia de Podemos Galicia para anunciar o lanzamento "dun proceso participativo, edificante, que transcenda nunha candidatura ampla, que sexa representativa da esencia do que é Podemos". O partido celebra primarias en abril. Podes descargar a misiva íntegra nesta ligazón
Os comuneiros de Cabral elixirán o vindeiro 17 de abril unha nova Xunta Reitora. Unha tensa asemblea, con máis de 650 participantes, fixou a data das eleccións e aprobou as contas de 2014 e 2015. O sector crítico acusa a actual directiva de manipular o censo e de malgastar varios millóns de euros.
Bernie Sanders suma a súa oitava vitoria nas primarias demócratas dos Estados Unidos fronte a Hillary Clinton, que leva 12.
O Goberno de España ofrecerá agora asistencia a 450 persoas refuxiadas tras comprometer a acollida de máis de 16.000
A Xunta deulle case 10 millóns a unha fundación que non rende contas dende 2013. A Fundación Fesán recibiu en 2011 un dos maiores contratos da Consellaría de Traballo. Cóntao La Opinión de A Coruña
Merkel reclámalle aos demais países da UE que cumpran cos seus compromisos de acollida de refuxiados. España só acolleu 18 dos 17.000 que se comprometeu a recibir hai catro meses.
Na Segunda B, vitorias de Celta B e Coruxo; empates de Compostela, Pontevedra e Rácing de Ferrol e derrota do Somozas. Os ferroláns lideran a clasificación e o Pontevedra é quinto, a tres puntos dos postos de play-off