Tellado destaca a "sensibilidade polo medio ambiente" do PPdeG. O BNG reclama un plan de "rexeneración integral" das rías galegas.
Fálase
As Mareas en Común celebran hoxe en Pontevedra unha nova xuntanza na que se debaten sete propostas para a confluencia de cara ás autonómicas.
Unidos Podemos supera o PSOE en votos e escanos, segundo unha enquisa para El Mundo. Alcanzaría o 23,7% dos votos, fronte ao 20,3% dos socialistas. Ciudadanos mantería resultados e o PP subiría un chisco.
Case 12.000 galegos aprazan a súa xubilación para seguir traballando despois dos 65 anos. O 60% son autónomos que cotizaron o mínimo e teñen unha pensión baixa.
Un xuíz investiga un mitin de Rajoy nas Canarias pagado por un construtor. Teríaselle feito un concurso a medida a unha empresa para que organizase o acto do PP e dous concertos.
Unidos Podemos consolida a súa vantaxe sobre o PSOE, segundo unha enquisa para El País. O PP manteríase na primeira posición favorecido polo aumento da abstención.
O PP gañaría en Galicia e En Marea superaría con claridade o PSOE nas xerais, segundo unha enquisa de Sondaxe para La Voz. O inquérito destaca a fidelidade de voto dos populares e dos que apoian a coalición.
A manifestación contra ENCE discorre xa pola ría de Pontevedra. Os convocantes reclaman a marcha da celulosa e o saneamento integral da ría e piden a fin da eucaliptización. Toda a información, mañá en Praza. Foto de @AdegaGZ.
Martiño Noriega cre que Unidos Podemos será a lista máis votada e En Marea terá grupo propio. Asegúrao nunha entrevista para a axencia EFE.
O Burela gaña a súa segunda Liga de fútbol sala feminino. O equipo mariñao vence en Logroño e suma un novo título ao seu palmarés.