O Burela gaña a súa segunda Liga de fútbol sala feminino. O equipo mariñao vence en Logroño e suma un novo título ao seu palmarés.
Fálase
A Comisión Aberta en Defensa do Común concéntrase para pedir a devolución gratuíta dos terreos públicos nos que se ubican o Hotel Finisterre, La Solana, peiraos de Batería e Calvo Sotelo, Maestranza e a vella cárcere na Coruña.
O Concello da Coruña suspende o seu encontro coa veciñanza de hoxe por orde da Xunta Electoral tras unha denuncia do PP. O 'Dillo Ti' deste sábado tivo que ser cancelado. Máis información, esta mañá en Praza.
A heroína regresa a Galicia pola masiva oferta mundial desta droga. O país revive o pesadelo do narcotráfico con incautacións de alixos e conexións internacionais con mafias nas Rías Baixas, segundo conta El País.
Falece Muhammad Ali, lenda do boxeo e símbolo da loita política e social nos EUA. O tres veces campión mundial dos pesos pesados non puido superar a súa insuficiencia respiratoria.
O campo galego xógase 95 millóns en exportacións se o Reino Unido abandona a UE: A carne, as patacas e o viño serán os produtos máis afectados pola reaparición das taxas arancelarias.
Galicia ten por primeira vez máis traballadores formados que man de obra sen cualificación. Os empregados con especialización supoñen o 52,7% dos ocupados na comunidade.
O Banco de España pide outra reforma laboral que baixe os salarios e abarate o despido. Cre que é "excesiva" a protección dos traballadores indefinidos.
Pablo Iglesias visitará o Papa Francisco en setembro. O Vaticano tende pontes con Podemos, segundo informa eldiario.es.
Comeza na Coruña Saúde e Terra, irmá(n)s! , a exposición itinerante sobre o centenario das Irmandades da Fala que, organizada pola RAG, a Deputación coruñesa e o Museo do Pobo Galego, percorrerá diversas localidades do país durante todo o ano e parte de 2017.