Pablo Iglesias visitará o Papa Francisco en setembro. O Vaticano tende pontes con Podemos, segundo informa eldiario.es.
Fálase
Comeza na Coruña Saúde e Terra, irmá(n)s! , a exposición itinerante sobre o centenario das Irmandades da Fala que, organizada pola RAG, a Deputación coruñesa e o Museo do Pobo Galego, percorrerá diversas localidades do país durante todo o ano e parte de 2017.
O Concello da Coruña dá luz verde á renda social municipal, que se porá en marcha en xullo e será aprobada o 13 de xuño en pleno. Calcúlase que chegará a 1.000 familias da cidade en risco de exclusión social e será unha prestación económica, non unha subvención.
A Xunta publica a concesión de axudas para normalización lingüística na escola a 20 días da fin do curso. A CIG-Ensino lamenta o "desleixo" da Consellería de Educación na adxudicación destas achegas que ademais, afirma o sindicato, son "raquíticas".
Condenado a dous anos de internamento o menor que agrediu a Rajoy en Pontevedra durante a campaña do 20-D
O pleno municipal de Ourense rexeita a subvención ao COB. A decisión de non aceptar a achega de 1,5 millóns de cartos públicos dificulta que o equipo xogue o vindeiro ano na Liga ACB. Máis información, esta mañá en Praza.
A Assembleia de Portugal aproba a recuperación das 35 horas semanais para o persoal da Administración pública. O proxecto saíu adiante cos votos das forzas de esquerda que sustentan o Goberno de António Costa.
DOCUMENTOS A Xunta Electoral publica o plan de cobertura electoral de RTVE e a distribución dos espazos de propaganda electorais nos medios públicos estatais
Un deputado do PP de Asturias pide cárcere para dous xornalistas por publicar que foi condenado, nova que era real.
A Fiscalía ordena prorrogar en bloque as causas penais que terían que ser pechadas en xuño pola nova lei de axuizamento. Cóntao Faro de Vigo