A Xunta publica a concesión de axudas para normalización lingüística na escola a 20 días da fin do curso. A CIG-Ensino lamenta o "desleixo" da Consellería de Educación na adxudicación destas achegas que ademais, afirma o sindicato, son "raquíticas".
Fálase
Condenado a dous anos de internamento o menor que agrediu a Rajoy en Pontevedra durante a campaña do 20-D
O pleno municipal de Ourense rexeita a subvención ao COB. A decisión de non aceptar a achega de 1,5 millóns de cartos públicos dificulta que o equipo xogue o vindeiro ano na Liga ACB. Máis información, esta mañá en Praza.
A Assembleia de Portugal aproba a recuperación das 35 horas semanais para o persoal da Administración pública. O proxecto saíu adiante cos votos das forzas de esquerda que sustentan o Goberno de António Costa.
DOCUMENTOS A Xunta Electoral publica o plan de cobertura electoral de RTVE e a distribución dos espazos de propaganda electorais nos medios públicos estatais
Un deputado do PP de Asturias pide cárcere para dous xornalistas por publicar que foi condenado, nova que era real.
A Fiscalía ordena prorrogar en bloque as causas penais que terían que ser pechadas en xuño pola nova lei de axuizamento. Cóntao Faro de Vigo
O sumario da Púnica revela un pagamento de 47.000 euros de Granados a unha revista editada en Ourense. Segundo conta El País, o obxecto do contrato eran publirreportaxes sobre Madrid pero o único publicado foi unha entrevista co antigo número dous de Esperanza Aguirre.
Comeza nestes momentos a conferencia que ofrecen Xosé Manuel Beiras e Julio Anguita en Madrid baixo o título de "A esquerda ante a reconfiguración do capitalismo global". Pódese seguir en directo a través de Público
Feijóo defende que o Goberno en funcións exima a Reganosa da avaliación ambiental e lembra que a Xunta é accionista. Di que o peche da planta obrigaría a abastecer Galicia desde Huelva con 7.000 cisternas por semana.