Comeza nestes momentos a conferencia que ofrecen Xosé Manuel Beiras e Julio Anguita en Madrid baixo o título de "A esquerda ante a reconfiguración do capitalismo global". Pódese seguir en directo a través de Público
Fálase
Feijóo defende que o Goberno en funcións exima a Reganosa da avaliación ambiental e lembra que a Xunta é accionista. Di que o peche da planta obrigaría a abastecer Galicia desde Huelva con 7.000 cisternas por semana.
Compromiso por Galicia expulsa os seus edís de Sarria para frear a moción de censura contra a alcaldesa, do PSdeG. Deste xeito, di Xoán Bascuas, as sinaturas dos edís fican "inhabilitadas" para apoiar a operación.
O paro rexistrado baixa en 7.689 persoas en Galicia en maio e a cifra total de inscricións nas oficinas de emprego fica en 220.464. O descenso interanual é de 16.517 persoas. A afiliación á Seguridade Social subiu en 5.824 persoas a respecto do mes anterior e en 11.841 con relación ao pasado ano. Máis información, hoxe en Praza.
Galicia importa xa máis de 2.000 millóns de euros en peixe ao ano pola falta de frota. Cóntao Faro de Vigo
O estaleiro vigués Vulcano tenta evitar o peche formulando un ERE, segundo conta La Voz
De Lara declara complexa a Operación Pulpo para poder así estender a investigación, na que asegura non desbotar novas imputacións. Cóntao El Progreso
A dirección central do PP sitúa o alcalde da Coruña como un dos seus obxectivos na campaña das xerais. Cóntao Faro de Vigo
Rivera ignorou a recomendación do Goberno de España para que non fose a Venezuela, petición que tamén lle formulou Zapatero. Cóntao eldiario.es
Os expresidentes andaluces Chaves e Griñán serán xulgados no caso dos ERE. Ambos veñen de pedir a baixa no PSOE, polo que evitan a expulsión que contemplan os estatutos do partido. Está a contalo eldiario.es