A dirección central do PP sitúa o alcalde da Coruña como un dos seus obxectivos na campaña das xerais. Cóntao Faro de Vigo
Fálase
Rivera ignorou a recomendación do Goberno de España para que non fose a Venezuela, petición que tamén lle formulou Zapatero. Cóntao eldiario.es
Os expresidentes andaluces Chaves e Griñán serán xulgados no caso dos ERE. Ambos veñen de pedir a baixa no PSOE, polo que evitan a expulsión que contemplan os estatutos do partido. Está a contalo eldiario.es
Faro de Vigo sinala que a Comisión Europea valora agora publicar o informe sobre o accidente do Alvia, "ante a presión das vítimas". En todo caso a difusión do documento realizaríase cando concluíse o proceso xudicial aberto, para non "interferir" nel.
Diagonal analiza a importancia para o futuro do TTIP das xuntanzas que o Consello de Europa manterá en xuño. A Comisión Europea pediralles aos líderes de cada país que confirmen o seu apoio ao tratado, despois das últimas filtracións e ante un crecente malestar social.
A pontevedresa Patricia Vilán sería a substituta de Romeu como portavoz do PSOE no Parlamento, segundo informa Faro de Vigo. O ata agora voceiro anunciou onte que abandonaba o posto.
O único debate a 4 da campaña electoral celebrarase o luns 13 de xuño, moderado por xornalistas de RTVE, Atresmedia e Mediaset e difundido polas canles dos tres grupos.
Público analiza o escenario político de Perú, que este domingo celebra eleccións presidenciais, nas que se enfrontan Pedro Pablo Kuczynski e Keiko Fujimori, que defenden un modelo económico neoliberal moi semellante, aínda que coa preocupación polo autoritarismo que representa Fujimori.
Falece Mohamed Abdelaziz, líder da Fronte Polisaria e presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Vítimas de Angrois entréganlle á Comisión Europea as 260.000 sinaturas recollidas para esixir a difusión do informes obre o accidente. A plataforma de persoas afectadas polo sinistro estivo acompañada por Ana Miranda, voceira do BNG na Eurocámara.