A heroína regresa a Galicia pola masiva oferta mundial desta droga. O país revive o pesadelo do narcotráfico con incautacións de alixos e conexións internacionais con mafias nas Rías Baixas, segundo conta El País.
Fálase
Falece Muhammad Ali, lenda do boxeo e símbolo da loita política e social nos EUA. O tres veces campión mundial dos pesos pesados non puido superar a súa insuficiencia respiratoria.
O campo galego xógase 95 millóns en exportacións se o Reino Unido abandona a UE: A carne, as patacas e o viño serán os produtos máis afectados pola reaparición das taxas arancelarias.
Galicia ten por primeira vez máis traballadores formados que man de obra sen cualificación. Os empregados con especialización supoñen o 52,7% dos ocupados na comunidade.
O Banco de España pide outra reforma laboral que baixe os salarios e abarate o despido. Cre que é "excesiva" a protección dos traballadores indefinidos.
Pablo Iglesias visitará o Papa Francisco en setembro. O Vaticano tende pontes con Podemos, segundo informa eldiario.es.
Comeza na Coruña Saúde e Terra, irmá(n)s! , a exposición itinerante sobre o centenario das Irmandades da Fala que, organizada pola RAG, a Deputación coruñesa e o Museo do Pobo Galego, percorrerá diversas localidades do país durante todo o ano e parte de 2017.
O Concello da Coruña dá luz verde á renda social municipal, que se porá en marcha en xullo e será aprobada o 13 de xuño en pleno. Calcúlase que chegará a 1.000 familias da cidade en risco de exclusión social e será unha prestación económica, non unha subvención.
A Xunta publica a concesión de axudas para normalización lingüística na escola a 20 días da fin do curso. A CIG-Ensino lamenta o "desleixo" da Consellería de Educación na adxudicación destas achegas que ademais, afirma o sindicato, son "raquíticas".
Condenado a dous anos de internamento o menor que agrediu a Rajoy en Pontevedra durante a campaña do 20-D