O Concello de Lalín formaliza a renuncia a un avión do exército para colocar nunha zona verde, solicitado polo anterior goberno, do PP. O actual goberno local calcula que só o traslado da aeronave custaba uns 60.000 euros. Recolleuno Faro de Vigo
Fálase
AUDIO O Festival de Cans estrea canción oficial: 'A Cans', interpretada por De Vacas. É froito dunha versión de A Vannes, de Françoise Hardy, e mais de A Cannes, de Carlos Berlanga. Pódese escoitar na web do festival.
'O lado escuro dos comentarios'. O xornal The Guardian publica un estudo sobre os comentarios do público nas súas novas, demostra que nas novas redactadas por mulleres se producen máis ataques e subliña que non vai "tolerar insultos online" que non serían tolerables 'offline'. "Nos comentarios dinse demasiado acotío a xornalistas e outros lectores cousas que serían inimaxinables cara a cara", salienta.
O rei convoca unha nova rolda de consultas para a investidura os días 25 e 26
3.225 persoas votaron nas primarias de Podemos Galicia, celebradas entre o venres e o domingo, o que supón o 15,77% do censo de 20.444 inscritos e inscritas. Este martes daranse a coñecer os resultados.
O pleno da Coruña esíxelle ao Ministerio de Defensa que non edifique na Maestranza e que lle ceda as parcelas ao Concello. Marea e BNG apoiaron a moción da Comisión en Defensa do Común, mentres que PSOE e PP se abstiveron.
O PSOE terá que modificar as súas normas para cumprir o compromiso de primarias se non hai investidura. Os prazos establecidos no regulamento do partido exceden a marxe que a lei outorga para presentar candidaturas antes das eleccións
Camilo de Dios, republicano de honra 2016 en representación da guerrilla antifranquista. Así o anunciou este luns a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que recolle na súa web o testemuño do homenaxeado.
O propietario da orquestra Panorama acóllese ao dereito a non declarar no xulgado que o investiga por presunta fraude fiscal. A Fiscalía acúsao dunha fraude de 9 millóns de euros. Recólleo Europa Press.
O ministro José Manuel Soria figura nos 'papeis de Panamá'. Administrou dous meses unha sociedade ligada ao bufete Mossack Fonseca nos anos 90. Está a contalo eldiario.es