O PP mantén a Ana Pastor e Joaquín García Díez como cabezas de lista en Pontevedra e Lugo. Na Coruña o seu número 1 será o ex edil Miguel Lorenzo e en Ourense, o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Ángel Viso. Estes son os cabezas de lista dos conservadores en todo o Estado.
Fálase
O PSdeG inicia os trámites para a expulsión do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez. A información, este serán en Praza.
Cerna non participará en ningunha das candidaturas de confluencia en Galicia. Nunha consulta ás bases, o 53% decidiu non apoiar nin a Nós nin a En Marea. A formación anima a votar a candidaturas alleas ao bipartidismo e a Ciudadanos.
A Deputación da Coruña aproba a galeguización a súa presenza en internet co cambio de enderezo a dacoruna.gal e a incorporación ao dominio galego
Os documentos secretos do Vaticano revelan contas bancarias ao nome de papas falecidos. Unha información de Jesús Bastante en eldiario.es
Nós-Candidatura Galega presenta arestora en Santiago a súa imaxe gráfica coas candidatas e candidato a encabezaren as súas listas. (Imaxe de Carme Adán).
O Bloco de Esquerda apoia o acordo co PS e achega máis un pacto da esquerda para gobernar Portugal.
EU rexeita unirse á coalición entre Compromís e Podemos no País Valencià. A formación presentarase en Ahora en Común, plataforma de confluencia impulsada por Alberto Garzón.
Rajoy promete eliminar eliminar a fusión de Navarra con Euskadi da Constitución e provoca o rexeitamento de varias forzas políticas navarras.
A Fiscalía quere ampliar aos 'retuits' as condenas por enaltecemento do terrorismo. Recorre o arquivo da cauda contra o líder de Def Con Dos por un rechío e considera que "fixo seu" o comentario.