Detido o ex-presidente da Comunidad de Madrid, Ignacio González, nunha operación contra a corrupción no Canal de Isabel II.
Fálase
O Goberno central ordena ao Concello da Coruña que retire a bandeira republicana da Casa Casares Quiroga. Pendurouse o pasado 14 de abril en lembranza "dos homes e mulleres que fixeron posible a II República".
Ábrese xuízo oral contra o ex-delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. O proceso, aberto hai xa doce anos, investígao por presuntas irregularidades na xestión de axudas.
O BNG decide mudar o seu logo despois de 25 anos. Cóntao La Voz de Galicia, que di que o Bloque busca unha "imaxe cunha estética máis actual e próxima".
A nosa compañeira Montse Dopico gaña o premio Johán Carballeira cunha reportaxe na Revista Luzes. María Obelleiro, por unha reportaxe en Sermos, foi a outra galardoada.
Mélenchon acariña un resultado histórico apelando á "forza do pobo insubmiso" en Francia. O candidato chega á recta final da campaña loitando por entrar na segunda volta.
VÍDEO | A TVG celebra o vixésimo terceiro aniversario do Xabarín Club cun vídeo no que o popular porco bravo lembra o enorme éxito que o espazo televisivo acadou durante os anos 90
VÍDEO | O alcalde do Porto aposta por "aprofundar a ligação entre o Norte de Portugal e a Galiza" durante a recepción a Feijóo, na que a Cámara Municipal portuense entregou ao presidente da Xunta a Medalha Municipal de Honra da Cidade. A xuízo de Rui Moreira, "a nossa eurorregião é um exemplo de cooperação transfronteiriça", ao que Feijóo agregou a necesidade de "competitividade leal" e "cooperación honesta". (Imaxe: Filipa Brito)
Rajoy, citado como testemuña polo tribunal que xulga o caso Gürtel. Os maxistrados aceptan a petición da acusación popular malia á oposición da fiscal, que non cre que o presidente do Goberno de España e líder do PP poida achegar nada novo sobre a 'caixa B' do seu partido.
A primeira ministra británica propón convocar eleccións xerais no Reino Unido. Theresa May aposta por celebrar os comicios anticipados o vindeiro 8 de xuño e apela á necesidade dun "liderado forte" no contexto do Brexit. No sistema británico a convocatoria de eleccións anticipadas precisa dende 2011 que a primeira ministra perda a confianza do Parlamento ou que dous terzos deste apoien a convocatoria.