Os preferentistas de Bankia poden perder até o 70% dos seus aforrro tras a súa caída en Bolsa
Fálase
Aznar reaparece no Congreso, onde non o acompañou ningún ministro do Goberno, e insiste na crítica velada contra Rajoy: "Eu non estou contra ninguén. Estou cos españois".
A UE abre a vía para enviar armas aos rebeldes sirios. Os ministros de Exteriores acordan permitir os envíos cando haxa garantías "de que os destinatarios son rebeldes moderados".
As encargas de Petróleos de Venezuela manterán os estaleiros portugueses de Viana do Castelo, próximos a Galicia, traballando ao 70% da súa capacidade ata 2015. Recólleo Público.
En menos de media hora comezan as primeiras das oito concentracións convocadas polo BNG "na defensa do aborto libre e gratuíto".
Rajoy non logra un acordo entre os líderes autonómicos do PP sobre o reparto do déficit público. Segundo recolle a Cadena SER, os conservadores danse un mes para poñerse de acordo.
Os alumnos e alumnas do CPI dos Dices de Rois elaboraron un completo Telexornal dedicado a Roberto Vidal Bolaño
O Centro Ágora da Coruña acolleu esta fin de semana a primeira fase dos Paseos polo barrio enmarcados no proxecto Música en Branco: unha actividade de sendeirismo urbano que se materializará en catro rutas diferentes para conectar o barrio da Agra con distintos puntos da cidade.
Feijóo participa a esta hora en Madrid nun xantar con Rajoy e o resto de líderes autonómicos do PP. A cita ten como finalidade tentar harmonizar posturas ante as discrepancias internas polo financiamento autonómico.
Daniel Raventós e Julie Wark publican en Sin Permiso Un alegato republicano pola Renda Básica: "podería ser a base para unha economía republicana e democrática que liberase todos os cidadáns e cidadás da mercantilización do traballo e aumentase o poder de negociación dos traballadores".