PP e PSOE gastaron 390.000 euros en ocio do persoal nunha década na Deputación de Lugo. Besteiro destinou 373.000 euros en dispendios para empregados que inclúen acupuntura, ozonoterapia, lentes de sol graduadas e tratamentos homeopáticos.
Fálase
O PSdeG denuncia que Louzán cobra case 45.000 euros anuais da Deputación de Pontevedra, un pagamento queu "non vén a nada", segundo os socialistas da provincia, que critican outras dedicacións de cargos do PP.
Clinton e Trump aumentan a súa vantaxe con vitorias en Arizona. Sanders gaña en Utah e Idaho e Ted Cruz acada un triunfo fundamental para a estratexia republicana en Utah.
A empresa que xestiona os albergues da Xunta renuncia alegando que perde cartos. O Xacobeo busca urxentemente unha empresa para levar os 70 establecementos.
A xustiza arxentina pide interrogar en España a 19 imputados por crimes franquistas. Ex ministros como Martín Villa ou Utrera Molina están citados a declarar.
O 87% dos atentados de grupos islamitas foron en países musulmáns. Máis de 72.000 persoas morreron nesas accións desde 2000, 63.000 deles en Estados onde o Islam é maioritario.
A policía belga difunde a imaxe do principal sospeitoso do atentado de Bruxelas, que provocou xa 34 mortes e máis de 100 persoas feridas. The Guardian pregúntase se as accións terroristas son "un acto de vinganza" pola recente detención de Salah Abdeslam, cerebro dos atentados de Paris.
José Precedo analiza en El Diario o día despois da visita de Obama a La Habana, unha cidade que viviu unha "efervescencia" nas últimas semanas
Castilla y León si pedirá unha comisión de investigación sobre o Alvia. Os seis grupos con presenza nas Cortes instarán o Congreso a investigar as causas do accidente.
O Concello de Pontevedra rexistra o requerimento de anulación da prórroga de ENCE. Este trámite no Ministerio de Agricultura é o paso previo á interposición dun recurso contencioso-administrativo contra o permiso outorgado polo Goberno de España en funcións.