O xuíz que instrúe o caso do accidente de Angrois disponse a pechar a instrución co maquinista como único imputado, segundo adianta La Voz. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
A xuíza De Lara cita a Orozco para declarar no caso Garañón pero mantén sen data a declaración de Besteiro. Cóntao El Progreso
O alcalde do Barco, Alfredo García (PSdeG-PSOE), pasa a presidir provisionalmente a FEGAMP tralo nomeamento de José Manuel Rey Varela como conselleiro. O rexedor socialista postúlase así mesmo para seguir dirixindo o organismo cando o vindeiro 30 de outubro se escolla a nova directiva. Coa moción de censura que devolverá a Deputación de Lugo a PSOE e BNG, o PP perderá a maioría na FEGAMP.
Feijóo sinala que o PP buscará en 2016 "a forma de atopar o mellor candidato á Xunta". Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero.
Javier Gómez Noya recibiu a homenaxe dos ferroláns e ferrolás, trala consecución do seu quinto mundial de triatlón. O deportista mesmo se animou a coller a guitarra e tocar un par de temas de AC/DC.
O presidente portugués, Cavaco Silva, insta a PàF e PS a formar unha gran coalición no goberno. A proposta é rexeitada polo PS e é ben recibida no PSD. Miguel Rodríguez publica no seu blog de xornalismo de datos sete mapas para entender as eleccións en Portugal.
Lidia Senra abandonará este mércores o hemiciclo do Parlamento Europeo durante a intervención de Felipe VI, ao redor das 12 horas. AGEe emitirá un pronunciamento conxunto canda EH Bildu e ERC. Os e as deputadas da Esquerda Plural tamén abandonarán a cámara.
O Goberno central mantén a exclusión das mulleres sen parella masculina da reproducción asistida, en contra da sentenza que este luns ditaminou en Madrid que se trata dunha orden discriminatoria que vulnera o principio de xerarquía normativa
Podemos dá por rotas as negociacións con IU a nivel estatal para as xerais. Cóntao eldiario.es
Feijóo apela á unidade de España ante o rei. "El español que viene al mundo (...) será libre, en una nación libre y unida", proclamou, antes de cargar contra "privilegios egoístas" e afirmar que "bajo discrepancias que en ocasiones se antojan profundas, late la unidad más profunda aún del pueblo español". Fíxoo no seu discurso no acto en que Filipe VI foi nomeado "embaixador" do Camiño de Santiago.