Hoxe cúmprense nove anos do asasinato do xornalista ferrolán José Couso en Bagdad, por disparos do exército norteamericano.

Hoxe cúmprense nove anos do asasinato do xornalista ferrolán José Couso en Bagdad, por disparos do exército norteamericano.
Un tribunal extremeño obriga os grupos ecoloxistas a pagar 41 millóns de euros para paralizar unhas obras que xa foron decretadas como ilegais, unha macrourbanización de luxo nunha illa do pantano de Valdecañas
A Aula Castelao inaugura mañá, luns día 9, a vixésimo novena edición da Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Europa. Todas as conferencias serán retransmitidas en directo na páxina da Aula Castelao.
O estalido do corralito galego, El País revisa o escándalo das participacións prefentes de Nova Galicia Banco e outras entidades.
En Rugby o Iveco Universidade de Vigo caeu 19-25 despois de ir gañando todo o partido. Complícase a salvación.
O Cartagena-Celta foi suspendido no minuto 15 do segundo tempo con empate a 1, despois de que un obxecto impactase nun linier. A acta do árbitro indica que o seu asistente sofre "traumatismo parietal dereito"
Centos de persoas despiden no seu funeral a Dimitris Christulas, o farmacéutico xubilado, que o pasado mércores se suicidou fronte ao Parlamento grego.
Cambridge derrota a Oxford nunha das carreiras máis accidentadas que se recordan, que tivo que ser detida na metade pola irrupción dun nadador
AB, Alternatiba, Aralar, Batasuna e EA celebraron este sábado o Aberri Eguna en Donazaharre, no País Vasco francés, onde leron un manifesto conxunto que afirma que están no camiño de "recuperar a soberanía de Euskal Herria". Este domingo estes grupos celebrarán o seu acto central do Aberri Eguna en Pamplona
"Estamos nunha situación moi delicada", admite Paula Prado, número dous de Conde Roa. Toda a información en El País Galicia