En Rugby o Iveco Universidade de Vigo caeu 19-25 despois de ir gañando todo o partido. Complícase a salvación.
Fálase
O Cartagena-Celta foi suspendido no minuto 15 do segundo tempo con empate a 1, despois de que un obxecto impactase nun linier. A acta do árbitro indica que o seu asistente sofre "traumatismo parietal dereito"
Centos de persoas despiden no seu funeral a Dimitris Christulas, o farmacéutico xubilado, que o pasado mércores se suicidou fronte ao Parlamento grego.
Cambridge derrota a Oxford nunha das carreiras máis accidentadas que se recordan, que tivo que ser detida na metade pola irrupción dun nadador
AB, Alternatiba, Aralar, Batasuna e EA celebraron este sábado o Aberri Eguna en Donazaharre, no País Vasco francés, onde leron un manifesto conxunto que afirma que están no camiño de "recuperar a soberanía de Euskal Herria". Este domingo estes grupos celebrarán o seu acto central do Aberri Eguna en Pamplona
"Estamos nunha situación moi delicada", admite Paula Prado, número dous de Conde Roa. Toda a información en El País Galicia
A rede comeza a encherse con peticións para deter o Proxecto de Lei de intercambio e protección de información policial cibernética (CISPA), que se debate do Congreso dos EE.UU. e que substitúe os proxectos de SOPA e PIPA
As empresas aforran 72 mil empregos coas horas extra que non pagan, segundo análises realizadas sobre os datos do Instituto Nacional de Estadística.
Este sábado inaugurouse en Corme o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte. O centro museístico, promovido pola Fundación Torre-Pujales, recolle a práctica totalidade da obra do pintor Julio Pujales. Toda a información en Que pasa na costa
Os estaleiros vigueses Freire botaron o Discovery, o buque oceanográfico máis avanzado do mundo, cuxa construción fóra encargada polo Instituto británico de investigación medioambiental (NERC) por 85 millóns de euros para a renovación do anterior RSS Discovery, en funcionamento dende 1962