O ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, pídelle protección á Xunta na súa chegada ao Parlamento o vindeiro venres, onde comparece na comisión de investigación das caixas. Teme a presenza de "grupos de presión", segundo informa Europa Press
Fálase
RNE destitúe o seu director, Manuel Ventero, tras só un ano no cargo. A xestión de Ventero foi duramente criticada por boa parte do persoal da emisora pública, que acumula destacadas caídas de audiencia. Cóntao El País.
O deputado do PP e líder das súas Novas Xeracións, Javier Dorado, asegura "non saber" se "fiarse de Fernando Vázquez e Luís Tosar" ou dun "doutor en ciencias xeolóxicas". O científico que cita apoiou o proxecto xunto ao lobby mineiro en Bruxelas.
O Supremo estuda se debe investigar o voceiro do PP no senado e presidente do partido en Lugo, José Manuel Barreiro, por un delito contra a administración pública e tráfico de influencias. Corresponde a unha peza separada vinculada ao caso Campeón, segundo recolle Europa Press na súa web.
AGE denuncia presións do PP para que o Parlamento europeo non aprobe un informe crítico con Reganosa. O informe menciona, entre outras cuestións, que a regasificadora non contou cun informe de impacto medioambiental axeitado nin se adecúa ás directivas europeas sobre tratamento de residuos.
"A reforma laboral envía as mulleres a casa", destaca un artigo que publica Viento Sur, que engade que "unha de cada dúas mulleres alemás traballa a tempo parcial; delas, 4,5 millóns nun minijob: eses traballos pagados con menos de 450 euros que non xeran case ningún dereito".
A Fiscalía pide que Mangouras non vaia ao cárcere. Culpa da catástrofe do Prestige ao "negocio do transporte fraudulento"
O FMI pide baixar máis os salarios e abaratar o despido en España.
O escritor e xornalista Alberto Ramos presenta este serán en Santiago a súa última novela, Todos os días. A obra do tamén colaborador de Praza Pública foi distinguida co premio Vicente Risco de Creación Literaria.
As probabilidades matemáticas de que o da infanta sexa “un erro” son de unha entre 10.000.000.000.000.000.000.000.000.000.000, destaca Ignacio Escolar que lle pide a Montoro que "busque unha excusa mellor".