Continúan as reaccións en Portugal á morte de Miguel Portas, un dos fundadores do Bloco de Esquerdas, que faleceu onte dun cancro.
Fálase
O coronel Vasco Lourenço considera que as declarações realizadas por Passos Coelho, nas que acusaba a Mário Soares e Manuel Alegre de procurar "protagonismo" no 25 de abril "são impróprias de um primeiro-ministro". Soares e Alegre, así coma os capitães de Abril non participarán por vez primeira nos actos oficiais do 25 de abril, e en cambio realizarán unha celebración popular nas rúas.
Libération dedica a súa portada ás insólitas declaracións de Sarkozy, que continúa realizando chiscadelas á extrema dereita: "Le Pen é compatible coa República"
A Porta do Sol volverá ocuparse. O movemento de indignados e indignadas volverá acampar na praza o 12 de maio, despois da manifestación convocada. A acampada durará 15 días, até o 28 de maio.
As bases de Izquierda Unida en Andalucía aproban maioritariamente (70%) a coalición de goberno co PSOE. Na votación participaron o 80% dos seis mil militantes que estaban convocados
Máis de 3.000 traballadores de Navantia Ferrol e Fene realizaron unha improvisada marcha a pé entre as dúas localidades para denunciar "o inmovilismo" do Goberno central e da Xunta para buscar solucións á falta de carga de traballo e novos contratos
Membros da Liga Estudantil Galega péchanse na biblioteca da Facultade de Económicas de Santiago en protesta pola suba das taxas universitarias.
Os maiores de 26 anos que non cotizaran terán que asumir os custos sanitarios, segundo revelan varios medios.
O déficit do Estado sobe un 73,2% no primeiro trimestre e supón xa o 1,85% do PIB, sumando un total de case 20.000 millóns de euros, segundo os datos facilitados pola secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás. Montoro, só unhas horas antes, falaba dun 0,83%.
Esquerda Unida ve nos Orzamentos "unha declaración de guerra" e ICV advirte dos seus efectos "explosivos". "Só hai recortes para a maioría social mentres o paro non deixa de crecer", asegurou o coordinador xeral de IU, Cayo Lara.