O PP oponse a pedir o traspaso a Galicia das competencias de salvamento marítimo, como reclama o BNG no pleno do Parlamento. A popular Paula Prado, que interveu para rexeitalo, reprochoulle a PSdeG e BNG a ausencia de traspasos competenciais durante o bipartito. No mandato de Feijóo a Xunta non sumou ningunha competencia nova.
Fálase
A Xunta disponse a incorporar 76 coches ao seu parque móbil mediante un leasing con opción de compra por importe de ata 1,5 millóns de euros. O Goberno prevé iniciar os trámites da compra en xaneiro e no mesmo proceso adquirirá, coa mesma modalidade, 12 vehículos para a Policía Autonómica por uns 250.000 euros.
O paro baixa en 14.688 persoas en novembro no conxunto de España e a afiliación á seguridade social crece en 5.232 persoas. Pola contra, en Galicia o desemprego increméntase en 4.588 persoas, con 4.100 afiliadas menos. Hai 248.632 parados e paradas rexistradas nas oficinas galegas de procura de emprego. Toda a información, esta mañá en Praza.
O alcalde socialista de Cortegada, Avelino de Francisco, recoñece que ficha polo PP polas "axudas da Xunta e da Deputación"
A dirección de Abanca reunirase este martes cos sindicatos para negociar cambios nas condicións dos seus 4.500 empregados e empregadas
Dous mil paraugas vermellos celebraron este luns en Lugo os 150 anos da Cruz Vermella e o décimo cuarto aniversario da declaración do monumento como Patrimonio da Humanidade
O Deportivo alertou á Policía de que cando menos un autobús con Riazor Blues se dirixía a Madrid coincidindo co partido ante o Atlético
As pasteiras portuguesas Portucel e Celbi abandonan Galicia, deixando ENCE como única gran dominadora do mercado forestal. Estas empresas deixarán de mercar 800 mil toneladas anuais de madeira e concentrarán a súa actividade no país luso.
O recibo da luz en novembro é un 12,4% máis caro do que era en xaneiro, segundo denuncia Facua, que sinala que a factura mensual creceu máis de oito euros no que vai de ano.
Seguen desaparecidos os dous tripulantes do Safrán, o barco con base en Celeiro que afundiu en augas francesas. Recólleo Galiciaé