Francia responsabiliza o 'Estado Islámico' do asasinato dun sacerdote e da toma de reféns dunha igrexa en Normandía
Fálase
Este mércores entra en vigor a reforma das axudas a vítimas de violencia machista, que agora poderán ser solicitadas todo ano. A modificación, publicada hoxe no DOG, foi aprobada no Parlamento no derradeiro pleno ordinario da lexislatura.
Air Europa cancela 20 voos en Galicia para a operación saída do mes de agosto. Recólleo La Voz
O rei comeza este martes a rolda de consultas para a investidura sen que ningunha forza política teña apoios dabondo para formar goberno.
Podemos Galicia lanza un manifesto co gallo do 25 de xullo no que a súa secretaria xeral, Carmen Santos, salienta que “a patria de Podemos é a xente”. “A nosa patria son os mariñeiros, son os gandeiros, é o personal da sanidade, e o persoal do ensino, e a xente que traballa nas pequenas empresas, son os autónomos, son os empregados do fogar, e a xente que non traballa", destaca.
En Marea presentará este martes a solicitude de Grupo Parlamentario galego no Congreso. En caso de negativa, a formación anuncia que levará a cabo "as medidas legais oportunas"
Verizon -que o pasado ano se fixera con AOL- merca Yahoo por 4.400 millóns de euros. Yahoo, fundada en 1995 e que chegou a ser un dos xigantes das comunicacións dixitais, levaba anos en crise.
Xosé Manuel Beiras intervén arestora no acto político de Anova polo Día da Patria. A información, hoxe en Praza.
En marcha a manifestación do BNG polo Día da Patria, encabezada por primeira vez por Ana Pontón como portavoz nacional. A información, hoxe en Praza.
O BNG comezou os actos do Día da Patria coa homenaxe a Rosalía e Castelao organizada por Galiza Nova. Ana Pontón subliñou a poeta como a "primeira feminista" galega e o político e artista como figura central para o soberanismo.