Outros cinco concellos asumirán o copago de fármacos. Son xa 25 en Galicia. Cervantes, A Pastoriza e O Valadouro, gobernados polo PSdeG, e Vilar de Santos e Maceda, de CxG, destinarán partidas para facer fronte a este repago das medicinas. A formación nacionalista anuncia a creación dun "fondo de emerxencia social" nos concellos que goberna.
Fálase
O Ministerio de Educación avalía a folga educativa deste #24O a través dun vídeo remitido á prensa no que só ofrece datos de seguimento no profesorado e cualifica a mobilización de "fracaso".
Besteiro reunirase este venres co portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. No encontro abordaranse "os problemas de Galicia e como se solucionan, non os problemas particulares de cada un", sinalou o secretario xeral do PSdeG durante a manifestación contra a LOMCE en Compostela.
Economistas Frente a la Crisis analiza os datos da EPA do terceiro trimestre. Destaca que o emprego case non crece nos meses de verán, e en termos desestacionalizados mesmo se reduce. Tamén alerta da destrución de emprego industrial e do descenso da poboación activa.
#consellodaxunta A creación da figura do "embaixador honorario do Camiño de Santiago", principal acordo da reunión semanal do Goberno galego.
Milleiros de persoas en Ferrol contra a Lomce e pola carga de traballo en Navantia na manifestación conxunta. Imaxe de @raulsalgado.
Milleiros de persoas nas manifestacións contra a Lomce en toda Galicia. A chuvia non impediu unha afluencia masiva ás marchas desta mañá. Na imaxe de @carmeadan, a rúa Urzaiz de Vigo, ateigada.
As primeiras manifestacións contra a Lomce percorren xa Galicia baixo a choiva. Máis dunha ducia de marchas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protestan xa contra a reforma educativa. Na imaxe, a manifestación de Ourense. (@AnovaOurense).
Altísima participación na folga contra a Lomce, segundo os primeiros datos dos sindicatos. CCOO fala dun 80% en todos os sectores e a CIG de máis do 90%. Confapa di que o seguimento é "case total", do 90% entre os alumnos e do 70% entre os profesores.
A xustiza europea cre que o céntimo sanitario vulnera a lexislación e España podería ter que devolver 13.000 millóns de euros. O imposto vixente en moitas autonomías, e que en Galicia se implantaría en xaneiro, pode ser declarado ilegal.