A OCDE prevé que o paro supere o 28% en España en 2014. Empeora os previsións e augura unha caída do PIB do 1,7% a finais deste ano.
Fálase
Pilar Rojo expulsa do pleno a deputada de AGE Chelo Martínez, tras chamala á orde en tres ocasións. Feijoo dille a Beiras que "podía formar coalición con Marcial Dorado" e o líder de Alternativa respondeu airadamente e denunciou "unha aldraxe". AGE denuncia que o presidente da Xunta "invertevos roles e agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento"
Un artigo de Facundo Alvaredo, Anthony B. Atkinson, Thomas Piketty e Emmanuel Saez no National Bureau of Economic Research salienta que "baixarlles os impostos ao 1% máis rico tende a aumentar as desigualdades de forma considerable" e lembra que "a maior parte da redistribución fiscal se fai vía gasto público".
El Blog Salmón analiza o coñecido erro de Carmen Reinhart e Kenneth Rogoff, dos que di que "ao igual que toda a teoría macroeconómica convencional dos últimos 200 anos, ignoran completamente o rol do sistema financeiro e os nocivos efectos da especulación financeira na economía real".
Banco Etcheverría adquirirá 57 oficinas de Novagalicia Banco, co que garante a continuidade de 150 empregos.
Eurodeputados do PP critican que o informe europero sobre o saneamento das rías galegas ofreza unha "visión insalubre" de todas elas.
O sector naval do País Vasco duplica a produción dos estaleiros galegos. Até o 2012 Galicia superaba a produción das factorias vascas.
As elites galegas presentáronlle a Feijóo en 2009 un proxecto para asegurar a galeguidade bancaria, segundo publica Vozpópuli. Este proxecto implicaria a fusión entre as caixas galegas (Caixa Galicia e Caixa Nova) e o Banco Pastor.
El Diario enumera os 25 políticos que están neste momento imputados polo saqueo das caixas. Na lista hai persoas de cinco entidades diferentes e tres partidos afectados, pero Bankia e o PP levan a maioría
A presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Elvira Rodríguez, afirma que "Pescanova é unha multinacional cunha marca moi recoñecida e o feito de que pareza que se xestionou como unha empresa con amo é algo que fai dano aos seus accionistas, á marca España e ao supervisor de valores"