Eurodeputados do PP critican que o informe europero sobre o saneamento das rías galegas ofreza unha "visión insalubre" de todas elas.
Fálase
O sector naval do País Vasco duplica a produción dos estaleiros galegos. Até o 2012 Galicia superaba a produción das factorias vascas.
As elites galegas presentáronlle a Feijóo en 2009 un proxecto para asegurar a galeguidade bancaria, segundo publica Vozpópuli. Este proxecto implicaria a fusión entre as caixas galegas (Caixa Galicia e Caixa Nova) e o Banco Pastor.
El Diario enumera os 25 políticos que están neste momento imputados polo saqueo das caixas. Na lista hai persoas de cinco entidades diferentes e tres partidos afectados, pero Bankia e o PP levan a maioría
A presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Elvira Rodríguez, afirma que "Pescanova é unha multinacional cunha marca moi recoñecida e o feito de que pareza que se xestionou como unha empresa con amo é algo que fai dano aos seus accionistas, á marca España e ao supervisor de valores"
O equipo de Blogaliza avisa a todos os seus usuarios e usuarias que o 7 de xuño procederá á eliminación daqueles blogues que permanecen inactivos desde o 31 de maio de 2011. Se posúes un blogue na comunidade Blogaliza que se acha inactivo desde esa data, debes acceder a Ferramentas>Exportar desde a interface de administración para creares un arquivo cos teus contidos
O PP disponse a rexeitar no Congreso a proposición do BNG para reverter a quita das preferentes que esta mañá aceptou no Parlamento galego. Toda a información, esta tarde en Praza.
O ex presidente de FCC recoñece doazóns ilegais ao PP. Aclara que se facían a través de empresas pantalla para burlar a lei.
O Ministerio de Educación responde "esto es España y aquí se habla español" a un alumno paquistaní que solicitou información en inglés. Cóntao El Periódico de Catalunya
A confianza do consumidor nos Estados Unidos crece sete puntos nun mes e rexistra o seu mellor nivel en cinco anos