A confianza do consumidor nos Estados Unidos crece sete puntos nun mes e rexistra o seu mellor nivel en cinco anos
Fálase
ETA prevé anunciar nun próximo comunicado un xesto positivo que reforce a súa imaxe e faga crible a súa aposta polo final da violencia, segundo publica eldiario.es.
IU, ICV e EUiA asinan un documento a favor dunha consulta sobre o dereito a decidir dos cataláns. Presentarán unha declaración no Congreso.
Warner Bros e NBC Universal non queren que Mega, o sucesor de Megaupload, apareza en Google
Promocionan as clases de Relixión nun instituto público de Lugo. Así o denuncian os Comités, que achegan fotografías dos cartaces colgados polo profesorado, que lembra aos alumnos que poden "cambiar a Relixión sempre".
A Xunta cédelle ao Concello de Santiago, por solicitude deste, o busto do xeneral uruguaio José Artigas, que o goberno uruguaio lle regalou ao Goberno galego no ano 2004, con Fraga como presidente. Actualmente o busto está exposto en San Caetano.
O Parlamento galego e o Congreso dos Deputados debaten hoxe senllas propostas do BNG nas que se reclama un cambio legal para reverter a quita das preferentes. A información, hoxe en Praza.
Pescanova inflou o seu patrimonio en máis de 650 millóns e ocultou perdas, segundo conta El Economista.
O sociólogo Carlos Neira analiza a proposta de reforma electoral do PP, pola que un voto en Lugo pasaría a valer 2,3 veces máis ca un da Coruña. Neira conclúe: "con esta reforma Feijoo dará un golpe de Estado en Galicia. Mudará as regras do xogo electoral ao seu favor e en detrimento do sentido democrático do principio de unha persoa, un voto".
As protestas ante o novo regulamento de uso das instalacións municipais obrigaron a suspender o pleno municipal de Vilagarcía. A oposición ao completo abandonou o salón para sumarse ao acto reivindicativo dos asistentes, que tocaron o himno galego ás portas do Concello