Pedro Sánchez volve fracasar no seu segundo intento para ser investido presidente. Tan só suma un voto de Coalición Canaria aos do seu partido e Ciudadanos mentres a esquerda volve emprazar o PSOE para formar un goberno do cambio e "de verdade".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56d9e23b13680-pedro-sanchez-investidura-marta-jara_ediima20160304_0702_19.jpg)
Pedro Sánchez volve fracasar no seu segundo intento para ser investido presidente. Tan só suma un voto de Coalición Canaria aos do seu partido e Ciudadanos mentres a esquerda volve emprazar o PSOE para formar un goberno do cambio e "de verdade".
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol celebra a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica o carácter ilegal da planta de gas de Xixón, por estar situada a menos de dous quilómetros de núcleos habitados. O Comité denuncia que para a regasificadora situada en Mugardos (con poboacións a moita menor distancia) o Tribunal Supremo seguiu un criterio completamente distinto. Enagás volverá a solicitar permisos para relegalizar a planta asturiana.
Anova aposta por que En Marea teña estrutura de "adscrición individual" e non de coalición electoral. O modelo permitiría atraer novos colectivos e militantes escindidos doutras formacións.
Carmen Santos optará tamén á secretaría xeral de Podemos-Galicia. Confirmará este sábado unha candidatura con diferentes profesionais da sociedade civil membros de círculos locais. Competirá, cando menos, con Ángela Rodríguez polo liderado do partido morado en Galicia.
Galicia suma o 70% das 600 explotacións lácteas desaparecidas en 2015, un total de 425. A Xunta desvincúlao da caída de prezos.
O PSOE resígnase a perder tamén na segunda votación da investidura, prevista para ás nove da noite deste venres. Os socialistas non fixeron ningún intento de achegarse a Podemos e a outras forzas á súa esquerda e só mantiveron un contacto telefónico co PNV.
A infanta apunta á Casa Real na súa declaración: "Todo o que facíamos estaba controlado". Reitera que ela nunca se ocupou dos negocios e que "confía" no seu marido.
Ángela Rodríguez presentarase á secretaría xeral de Podemos-Galicia. A deputada de En Marea aspirará a liderar o partido morado no país.
A infanta Cristina declara no xuízo do caso Nóos. Pecha a quenda de declaración dos acusados. Pódese seguir a súa declaración aquí.
O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, pídelles aos migrantes económicos que "non veñan" a Europa. Os refuxiados comezan a acumularse en Serbia, ante as dificultades para entrar en territorio croata. Pola súa banda, Tsipras anuncia que pedirá sancións para os países que incumpran o "principio fundamental" da UE sobre o "reparto solidario de cargas" entre os seus membros.