Avaaz.org lanza unha campaña para frear a evasión de impostos de multinacionais como Apple ou Google. Segundo Avaaz, se estas empresas se preocupasen menos de buscar paraísos fiscais, os Estados obterían un billón de dólares.
Fálase
Compostela acollerá os 20 e 21 de xuño a I Xornada Universitaria Galega en Xénero, que analizará os roles de mulleres e homes en tempos de crise
O Goberno grego pechará a súa televisión pública esta medianoite para despedir o seu persoal pola vía rápida. O ente, no que traballan unhas 2.800 persoas, permanecerá pechado durante tres meses e o plan é reabrilo cun cadro de apenas 700 persoas. En El Diario
A Xunta tenta que a información da auditoría sobre a fusión das caixas sexa confidencial aínda que vaia ser tratada na comisión de investigación do Parlamento. En El País.
O Parlamento Europeo pide a dación en pago para as familias en creba. Solicita aos estados "que impidan que as familias desafiuzadas sigan teendo que devolver os sus créditos hipotecarios"
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca novas protestas contra a Lomce. Haberá lectura de textos e actuacións musicais este xoves en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vilagarcía
Novagalicia Banco inclúe na súa web un "simulador de liquidez" no que as persoas afectadas polas preferentes poden comprobar cantos cartos van perder coa quita.
O BNG censura que o PP convidase este martes a José Manuel Castelao Bragaña á tribuna do Parlamento, onde se debatía a Lei de Galeguidade. Castelao dimitiu da presidencia do Consello da Cidadanía Española no Exterior tras asegurar nunha xuntanza que "as leis son coma as mulleres, están para violalas".
O Ateneo de Ferrol denuncia que sufriu un acto vandálico durante a fin de semana. A sección sindical da CNT denuncia que o obxectivo foi “boicotear o labor cultural desta entidade”.
A Policía disolve unha concentración de persoas afectadas polas preferentes ante a Subdelegación do Goberno central en Lugo. Os axentes instaron os estafados a concentrárense en grupos de menos de vinte e unha persoas baixo ameaza de multa de ata 600.000 euros, segundo informa Radio Lugo.