Urkullu defendeu no Aberri Eguna que o PNV traballa "para un novo status político que xere riqueza, emprego e benestar" e contrapuxo a "construción nacional día a día" realizada polo seu partido fronte á aposta da esquerda abertzale. Batasuna, Aralar, EA e Alternatiba participaron en Pamplona nunha manifestación pola independencia. Pola súa banda, o presidente do PSE Jesús Eguiguren dixo nunha entrevista que "hai que romper xa o pacto co PP".
