O Aberri Eguna abre un ano clave para dirimir, entre o PNV e a esquerda abertzale, o dominio no campo nacionalista. Crónica de Isabel Martínez en El País
Fálase
#JusticiaparaCouso é trending topic en twitter neste momento. O vindeiro domingo, día 15, está convocada unha concentración "contra a impunidade e o esquecemento" diante da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid no que intervirán Maribel Permuy, Luis García Montero, Isaac Rosa ou os traballadores de Público en loit
Hoxe cúmprense nove anos do asasinato do xornalista ferrolán José Couso en Bagdad, por disparos do exército norteamericano.
Un tribunal extremeño obriga os grupos ecoloxistas a pagar 41 millóns de euros para paralizar unhas obras que xa foron decretadas como ilegais, unha macrourbanización de luxo nunha illa do pantano de Valdecañas
A Aula Castelao inaugura mañá, luns día 9, a vixésimo novena edición da Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Europa. Todas as conferencias serán retransmitidas en directo na páxina da Aula Castelao.
O estalido do corralito galego, El País revisa o escándalo das participacións prefentes de Nova Galicia Banco e outras entidades.
En Rugby o Iveco Universidade de Vigo caeu 19-25 despois de ir gañando todo o partido. Complícase a salvación.
O Cartagena-Celta foi suspendido no minuto 15 do segundo tempo con empate a 1, despois de que un obxecto impactase nun linier. A acta do árbitro indica que o seu asistente sofre "traumatismo parietal dereito"
Centos de persoas despiden no seu funeral a Dimitris Christulas, o farmacéutico xubilado, que o pasado mércores se suicidou fronte ao Parlamento grego.
Cambridge derrota a Oxford nunha das carreiras máis accidentadas que se recordan, que tivo que ser detida na metade pola irrupción dun nadador