A manifestación, en Ourense
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/518be26e46bd4-r600x600.jpg)
A manifestación, en Ourense
A Plataforma en Defensa do Ensino Público celebra a súa manifestación central na Coruña
Comeza tamén a manifestación en Vigo
A manifestación contra a LOMCE, en Ferrol
Comezan neste momento as manifestacións contra a LOMCE convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Ferrol. Máis informacións, nuns minutos en Praza.
Despois de que Louzán considerase inviable o traslado de Ence, Rueda limítase a constatar que a actual concesión remata en 2018. O vicepresidente obvia que a reforma da lei de costas permite prolongar a estancia da pasteira na ría de Pontevedra.
Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz e Javier Couso participarán nun acto de homenaxe a José Couso que AGE organiza este venres en Bastiagueiro-Oleiros baixo o título de Crime de guerra, censura informativa. Comezará ás 20 horas no salón de actos do INEF
As Cortes de Aragón aproban, cos votos de PP e PAR, chamar "lapao" ao catalán, acrónimo de Lengua Aragonesa Propia del Área Oriental
Un concelleiro da Estrada confesa que o alcalde amañou unha oposición, segundo publica El País. Contoulle a un aspirante, nunha conversa que xa está en poder da fiscalía, que o rexedor lle facilitou a unha persoa o contido das probas antes de que estas se celebrasen.