As Cortes de Aragón aproban, cos votos de PP e PAR, chamar "lapao" ao catalán, acrónimo de Lengua Aragonesa Propia del Área Oriental
Fálase
Un concelleiro da Estrada confesa que o alcalde amañou unha oposición, segundo publica El País. Contoulle a un aspirante, nunha conversa que xa está en poder da fiscalía, que o rexedor lle facilitou a unha persoa o contido das probas antes de que estas se celebrasen.
O Constitucional admite a trámite o recurso de Otegi pola condena no caso Bateragune.
O ex gobernador do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez non acudirá á comisión de investigación das caixas no Parlamento de Galicia, segundo adianta El País
CIG-Ensino cifra "entre un 80 e 90%" o seguimento da folga estudantil en Galicia. "É un non rotundo e histórico á Lomce", asegura o secretario nacional do sindicato na Radio Galega. O paro sería "case maioritario" no ensino secundario e algo menor no primario.
Activistas de Greenpeace soben ao tellado do Congreso contra a Lei de Costas. Oito persoas foron detidas.
As plataformas convocantes da folga estudantil cifran xa nun 80% o seu seguimento en Galicia. Cualifican de "éxito" a xornada á espera de datos oficiais sobre o paro.
A UE prepara un plan de choque para reactivar o crédito ás pemes. O BCE estuda a compra de préstamos a pequenas empresas do sur de Europa.
Baltasar Garzón, Mayor Zaragoza, Miguel Castells, Viçent Navarro ou Juan Torres preparan unha lista para as eleccións europeas, segundo El Confidencial Digital