A UE prepara un plan de choque para reactivar o crédito ás pemes. O BCE estuda a compra de préstamos a pequenas empresas do sur de Europa.
Fálase
Baltasar Garzón, Mayor Zaragoza, Miguel Castells, Viçent Navarro ou Juan Torres preparan unha lista para as eleccións europeas, segundo El Confidencial Digital
Do 24 ao 26 de maio celebrarase en Gondomar o festival de teatro da lusofonía Ponte…na escena. Participarán dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras (Farándula e Teatro andante).
The New Yorker dedica a súa portada ao Día da Nai e debuxa unha parella de nais para facelo
O comité de empresa de Navantia Ferrol critica que se negue a entrada no estaleiro aos medios de comunicación. Cre que se trata dun intento de ocultar a realidade da situación do naval na comarca.
Sorprendentemente o PP abstense na votación do Parlamento andaluz sobre o decreto antidesafiuzamentos. A portavoz popular di que a norma pode ser “complementaria” á lei de Debedores Hipotecarios
Os portavoces dos partidos cataláns reúnense este xoves para elaborar unha réplica á decisión do TC de suspender a declaración soberanista do Parlament. Aprobouse a creación da comisión sobre o dereito a decidir cos votos de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP.
Un tribunal de Milán ratifica a condena a Berlusconi polo caso Mediaset. A pena quedará nun ano ao aplicarse unha redución contemplada nunha lei de 2006.
Pescanova comunica a quebra da súa filial en Chile.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, enfróntase a unha xornalista e ínstaa a "non darlle consellos". A traballadora preguntáballe a Wert polas críticas do seu irmán aos recortes educativos. Cóntao Público.es